jueves 16 de junio de 2011

Ánxeles Vázquez ven de presentar no congreso unha PNL relativa á situación das casas de acollida en Afganistán

A realidade de Afganistán é coñecida por todos  e está na axenda da comunidade internacional dende hai décadas. Debido ós últimos acontecementos, faise necesario centrar a atención sobre a poboación civil e atender a súa situación cotidiana. O esbozo de avances nos dereitos das mulleres, que parecía iniciarse  trala marcha dos talibáns,  sufriu  os últimos meses un retroceso. Como exemplo deste retroceso é a situación vivida nas casas de acollida para mulleres maltratadas, producíndose  restricións de mulleres que poden ser acollidas  nos centro en base á súa condición de adúlteras , prostitutas ou porque fuxiron do fogar.  Non nos debemos esquencer que o 80 % das mulleres son obrigas a casarse con quen elas non queren.
A protección da muller estase vendo mermada sendo preocupante que  os países con tropas despregadas na rexión non se pronuncien ó respecto, caso de España. A deputada melidense Ánxeles Vázquez, en representación do Grupo Popular no Congreso presentou unha Proposición Non de Lei (PNL) chegando a acordo cos grupos con representación na Cámara (a excepción de Izquierda Unida que mostrou a súa abstención) co fin de seguir mantendo en Afganistán  o apoio de proxectos dirixidos a promover a igualdade de xénero como un dos eixos básicos da cooperación española , tal e como ven incluído no Programa de Reconstrución e Desarrollo da provincia de Bagdhis, ademáis de seguir velando polo respeto e a protección de tódolos dereitos e liberdades fundamentais  de todo o pobo afgano a través da nosa embaixada en Kabul, xunto á EU.

0 comentarios:

Publicar un comentario en la entrada

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.