sábado 27 de junio de 2009

O PP DE MELIDE ASEGURA QUE SOCORRO CEA CONVOCA O PLENO PARA A APROBACION DOS ORZAMENTOS ÁS 9 DA MAÑÁ POR SER INDEFENDIBLES, ESCUROS E INSOSTIBLES.

O Partido Popular de Melide ven de mostrar en distintas ocasións a súa preocupación porque o actual goberno non aprobou os orzamentos do ano 2008. Este ano o bipartito continuaba polo mesmo camiño de non ser polas presións do Grupo Popular e da cidadanía en xeral. A voceira popular melidense, Ánxeles Vázquez mostra a súa sorpresa ó atoparse unha convocatoria para o vindeiro mércores día 1 de xullo, ás 9 da mañá, o que, segundo a voceira, unha vez máis demostra a pouca credibilidade que teñen as palabras de a alcaldesa Socorro Cea, xa que non hai máis que recordar a promesa que fixo nos orzamentos do 2007 donde aseguraba que as contas ós melidenses se presentarían en horario non laboral para que todo o mundo puidera comprobar a súa xestión. A voceira do PP insiste que a alcaldesa non é de fiar e non ten palabra, xa que reiteradamente minte e non cumpre. Como exemplo máis claro está a non aprobación dos orzamentos 2008 e a presentación tarde e arrastro destes do 2009. O PP asegura que os números presentados son indefendibles e unha mostra máis da situación desastrosa das contas dun concello como o de Melide que duplicou a débeda dende que se foi o Partido Popular, pasando dun 24 % a un 48 %. Engade o grupo popular melidense que ademais é este un presuposto irreal, xa que descoñecemos o que ocorreu o pasado ano debido a que que non se aporta a liquidación nin a conta xeral, cousa que endexamais ocorreu neste concello, e máis aclara a voceira popular, o bipartito non mostra as facturas sen recoñecer do ano 2008 a pesares da petición do PP . O Partido Popular pídelle o pobo de Melide que asista a este pleno, a pesares de que a alcaldesa o pon as 9 da mañá para que non vaia ninguén, porque sabe que todas as desacreditacións que fixo públicas encontra do PP, co paso do tempo, vértense sobre ela .

0 comentarios:

Publicar un comentario en la entrada